Apertura do Ano Xudicial en Galicia 2020

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 18 de setembro, a sede do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG), acolleu a cerimonia de "Apertura do ano xudicial 2020". 

    Durante o acto, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. José María Gómez y Díaz-Castroverde, chamou aos xuíces para “atopar as fórmulas para que a crise sanitaria non sexa o seu colapso definitivo”, dado o incremento do 10 por cento de asuntos en trámite tras o estado de alarma pola pandemia xerada polo Covid-19.

    A apertura do ano xudicial, contou coa presenza do Presidente da Xunta, D. Alberto Núñez Feijóo, así como do Vicepresidente, D. Alfonso Rueda, o Fiscal Xefe de Galicia, D. Fernando Suanzes Pérez, os Decanos dos Xuíces dos Partidos Xudiciais e os Fiscais responsables de área, entre outras  pesonalidades. En representación do noso Colexio Profesional, acudiu D. José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=267bf626c0774ee7ab4392e8b56c43ad.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3b2b78af14404c518bf19ae04932f971.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=749624a254a14fcd89025e45e35d70da.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].