Actos Institucionais do Colexio Oficial Graduados Sociais de Pontevedra

    Categorías: Etiquetas:

    O venres día 30 de novembro, o Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra celebrou nos Xulgados de Vigo na Sala de Vistas do Xulgado de Primeira Instancia Nº 1, os Solemnes Actos Institucionais 2018: Acto de Xura/Promesa de novos colexiados, entrega de distincións en recoñecemento aos 25 anos de colegiación e entrega de coderas en recoñecemento aos tres mellores expedientes académicos.

    Constituíron a Mesa o Sr. Vicedecano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, D. Alexandre Pazos Pérez; Sra. Letrada da Administración de Xustiza da Sala do social nº2 de Vigo, Dª Carmen  Adellac Pascual, madriña da promoción; Ilmo. Sr. Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, D. Raúl  Eugenio Gómez Villaverde;  Ilma. Sra. Decana dos Xulgados de Pontevedra, Dª María Belén  Rubido da Torre;  Ilmo. Sr. Decano dos Xulgados de Vigo, D. Germán Mª Serrano Espinosa; Excmo. Sr. Presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, D. Francisco Javier San Martín Rodríguez; Excmo. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

    A continuación entregáronse as distincións aos Colexiados que cumpriron os 25 anos de exercicio profesional e, as Coderas de Bronce, Prata e Ouro aos tres expedientes académicos máis brillantes da promoción de Grao en RR.LL. e  RR.HH. (promoción 2014-2018 da Universidade de Vigo).

    Aos actos acudiron convidadas autoridades e representantes institucionais, así como Colexiados, ademais de familiares e amigos dos novos Colexiados e dos homenaxeados. En representación desta Corporación atenderon á invitación: D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º do Colexio e D. José Ramón Lage Cerviño, Vicesecretario do Colexio.

    Posteriormente celebrouse unha cea de confraternidade no Hotel  Hesperia de Vigo.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=53dc25af192c41388e4bbbd3a765a0e1.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=364088062e124263800c4ea17f150fa1.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5e7ee9b933834d63af8b2c8528adb2e5.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].