Categorías:
O pasado 19 de decembro, a presidenta do Colexio, Dª. Susana Soneira Lema asistiu a Madrid aos Actos Institucionais organizados polo Consello Xeral de Graduados Sociais de España, que comezaron coa Imposición na sede da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación da Cruz Distinguida de 1º clase da Orde de San Raimundo de Peñafort para D. Álvaro Redondo Hermida, Fiscal do Tribunal Supremo, así mesmo impúxose a Cruz Distinguida de 2º clase a D. Francisco Javier Barberena Eceiza, Presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Guipúscoa e a D. José Conesa Ballestero, Presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Barcelona.
Numerosos compañeiros e amigos dos Condecorados, Presidentes de Colexios Oficiais de Graduados Sociais e Membros da Comisión Permanente, quixeron acompañar estes homenaxeados nun día tan sinalado para eles.
A Mesa Presidencial do Acto de Imposición estivo formada por D. Francisco Javier Vieira Morante, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e por D. Javier San Martín Rodríguez, Presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España, xunto con D. Luis Cazorla Prieto, Secretario Xeral da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
D. Antonio del Moral, Maxistrado do Tribunal Supremo, foi o encargado de proceder á lectura da Laudatio de Álvaro Redondo, ao igual que D. Jaime Segalés Fidalgo, Xuíz do Social de Bilbao e do avogado catalán D. Jordí Ligüerre Forés que deron lectura respectivamente das Laudatios de D. Francisco Javier Barberena e de D. Jose Conesa Ballestero, lecturas que repasaron as traxectorias profesionais e a personalidade dos homenaxeados.
Posteriormente todos os convidados se trasladaron ao Hotel InterContinental de Madrid, para asistir á xa tradicional Cea de Nadal e entrega dos Premios Mérito Social 2014.
Este acto estivo presentado pola coñecida xornalista Gloria Serra, que explicou a orixe dos Premios Mérito Social e os diferentes profesionais e autoridades da vida social que foron distinguidos con este premio.
Procedendo seguidamente á entrega das tres Mencións designadas nesta convocatoria que recaeron nos seguintes compañeiros de profesión:
• D. Aurelio Marcelino Álvarez Álvarez, Secretario del Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais de Asturias.
• D. Juan Velázquez Rodríguez, Ex membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Gran Canaria e Forteventura.
• D. Joaquin Mur Torres, Ex Director Provincial do INSS e proposto polo Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Zaragoza.
Tras a cea, chegou o momento principal da noite coa entrega dos Premios Mérito Social 2014. Estes premios que naceron por iniciativa do actual Presidente, revelan o desexo do noso Colectivo de transcender máis alá do estrito cumprimento do noso labor, querendo outorgar un recoñecemento a aqueles profesionais que traballan en ámbitos tan sensibles e cruciais nunha Sociedade, como son a Xustiza ou o Traballo, por iso os Mérito Social, quixeron homenaxear nas súas diferentes categorías as seguintes persoas:
• Dna. Carmen Villahizán Martín.- Premio Merito Social a Defensa da Profesión. Graduada Social colexiada do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Álava.
• D. Fernando de Rosa Torner.- Premio Mérito Social a Traxectoria Profesional. Maxistrado da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Valencia.
• D. Lorenzo del Río Fernández.- Premio Merito Social a xusticia. Presidente do Tribunal Superior de Xusticia de Andalucía, Ceuta e Melilla.
Con esta última entrega realizada, finalizouse unha noite moi importante para o noso Colectivo que ano tras ano reúne a todos os Presidentes de Colexios Provinciais e a un nutrido grupo de Autoridades, Maxistrados, Políticos que coa súa presenza manifestan o seu apoio e respecto por todos os nosos profesionais.
Como broche final todos os convidados puideron gozar da música dun grupo de jazz que amenizou toda a reunión, poñendo así un bonito punto e final a unha noite moi especial para o Colectivo de Graduados Sociais.