Actos de celebración do 40º aniversario do Colexio GS Pontevedra

    Categorías:

    Durante a tarde do 29 de outubro, celebráronse os actos conmemorativos do 40º Aniversario da creación do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.

    Despois da recepción de todos os asistentes, os nosos compañeiros de Pontevedra, realizaron unha proxección do vídeo conmemorativo coa historia do seu Colexio, seguindo cunha homenaxe aos Graduados Sociais que formaron parte de anteriores Xuntas de Goberno e a entrega dunha distinción a Eliseo Adolfo Sobrino Ríos, Presidente de Honra do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra. Posteriormente, celebraron unha cea de confraternidade no Real Club Náutico de Vigo.

    Aos actos acudiron numerosas autoridades, representantes institucionais, como tamén, o Presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, Ricardo Gabaldón Gabaldón. En representación do noso Colexio Profesional, e atendendo á invitación recibida, asistiron: Susana Soneira Lema, Presidenta; Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Cándido Sanisidro López, Tesoureiro do Colexio.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=01380ff1367c463f91365bb82522c1ad.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=08b39073c5a040feb485b5d2e01711f4.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=05fbd91ba1e049f4afceef5b88335a33.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=db1b9376210742e4ad3c1785da8c7746.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=deaf7c165a84471280f926339e1f4d4b.jpg[/slide]

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].