Categorías:
Etiquetas:
O venres 20 de setembro, o Excmo. Sr. D. José Maria Gómez y Díaz-Castroverde, tomou posesión do seu cargo como novo Presidente do alto tribunal galego, tras a xubilación de D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira.
Nun acto presidido polo Presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, D. Carlos Lesmes Serrano; o novo Presidente do TSXG, estivo acompañado polo Vicepresidente da Xunta, D. Alfonso Rueda Valenzuela, o Director Xeral de Xustiza, D. Juan José Martín Álvarez, e o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, D. Ovidio Rodeiro Tato, entre outras personalidades.
Atendendo á invitación do TSXG e en representación do noso Colexio Profesional, acudiu D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Secretario Xeral.
[slide]

[/slide]