Acto de Xura de Xuíces

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 26 de maio, celebrouse no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o Acto de Xura de Xuíces da 64º promoción da Carreira Xudicial, destinados a Galicia. Ao acto asistiron en representación do Colexio, convidados polo Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio e D. Eduardo López Ameijeiras, Vicepresidente 2º. Coincidiron alí tamén con D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo. Ao final dos actos serviuse un aperitivo.

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.