Acto de toma de posesións no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 13 de decembro, celebrouse na Sala 1ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o acto de toma de posesión da Ilma. Sra. Dª María Dolores Rivera Frade, como Presidenta da Sala do contencioso-administrativo e do Ilmo. Sr. D. Luís Fernando de Castro Mejuto, como Presidente da Sala do social.

    O acto estivo presidido polo Presidente do TSXG, D. José María Gómez y Díaz-Castroverde, onde durante a súa intervención, lembrou que por primeira vez na historia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha das tres salas de xustiza do alto tribunal galego, é presidida por unha muller. Circunstancia mencionada, ao lembrar que as mulleres son maioría na carreira xudicial española e expresar o seu desexo de que esa presenza maioritaria, correspóndase tamén nos altos cargos xudiciais.

    Atendendo á invitación do Tribunal e en representación do noso Colexio Profesional, acudiu a Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, que estivo acompañada por D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f80dd00d06c742c2b096c478656af48b.jpg

     

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].