Categorías:
Etiquetas:
Na mañá do día 16 de xaneiro de 2024, José Lage Cerviño, Vicepresidente Segundo do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, asistiu no Paraninfo da Universidade da Coruña, ao acto de toma de posesión do novo reitor da UDC.
Ante a presenza de numerosas autoridades, civís e militares, así como representantes dos colectivos, asociacións, sindicatos e partidos políticos da Comunidade, xunto cos reitores das Universidades de Santiago e Vigo e familiares de ambos os reitores, abriu o acto o Presidente da Xunta de Galicia, que deu a palabra ao Reitor en funcións Julio Abalde quen, nun emotivo discurso, agradeceu o traballo do seu equipo.
Posteriormente, e despois de prometer os seus cargos os integrantes do novo equipo de goberno da UDC, tomou a palabra o xa novo reitor Ricardo Cao Abad, que destacou a necesidade de captar talento, fomentar a investigación e elaborar uns novos estatutos. Concluíu o acto co himno galego e unha calorosa ovación de todos os presentes.
