Entrega de premios Profesional Colexiado do Ano de Unión Profesional de Galicia

    Categorías: Etiquetas:

    O venres 10 de maio, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, celebrouse a entrega dos premios Profesional Colexiado do Ano, organizada pola Unión Profesional de Galicia da que formamos parte xunto con máis de 40 Colexios Profesionais da comunidade autónoma galega.

    Unha vintena de destacados profesionais galegos de diversos sectores foron recoñecidos, desde ámbitos xurídicos ata profesións sanitarias e científico-técnicas. Ademais, outorgouse a Distinción Unión Profesional de Galicia a Miguel Carrero López, primeiro Presidente da entidade. 

    O evento contou coa asistencia de Dolores Costoya Codesido, membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, así como representantes da Xunta, o Parlamento e Colexios Profesionais. A gala foi un espazo de encontro, recoñecemento e compromiso coa excelencia profesional, ademais dun impulso ao fortalecemento do tecido profesional en Galicia.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a144d81ed2324362b197d86366815889.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f21eef196f1940ee87c02f3de2c675c7.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f859ebbca8f84e0fb28b1344372afe3f.jpg[/slide]

    Podes ver a entrega de Galardóns Profesional Colexiado 2023 de Unión Profesional de Galicia picando na seguinte imaxe.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=30e064c2a59e46a5bfa66b219672f462.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].