Acto de Inauguración do “I Encontro de Alcaldesas”

    Categorías: Etiquetas:

    O día 19 de maio celebrouse o I Encontro Estatal de Alcaldesas na Coruña, no que asinaron un manifesto denominado "declaración de María Pita", baixo o lema "o poder de facer as cousas ben", na que se comprometeron a promover a igualdade e a esixir unha maior presenza feminista nas institucións.

    Ademais da asistencia de alcaldesas de municipios españois de máis de 100.000 habitantes asistiron outras políticas de relevancia estatal, como a Ministra de Política Territorial e Portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, que participou nun debate coa rexedora herculina, Inés Rey.

    Ao encontro tamén asistiu en representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, a Interventora-Contadora, Noelia Tomé.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0bb107c5d3044903bcf58e7ae06980a5.jpg

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.