Acto de inauguración do curso académico das tres universidades galegas

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do venres 07 de setembro, e no  Paraninfo da Universidade da Coruña, levou a cabo o solemne acto de “Apertura do Curso Universitario 2018/2019", das tres universidades de Galicia.

    O mesmo, estivo presidido por D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia e por D. Xullo Abalde Alonso, Reitor da UDC. A lección inaugural correu a cargo do profesor doutor, D. Moisés Alberto García Núñez, da área de Organización de Empresas, docente na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, que impartiu a conferencia "O ruído industrial”.

    A continuación, o reitor Sr. Abalde, leería o discurso antes de dar paso ao Presidente da Xunta, quen procedeu a inaugurar o curso. Coa actuación do Coro da Universidade da Coruña, deuse por finalizado o acto.

    En representación da nosa corporación e atendendo á invitación das tres universidades, acudiron a nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, acompañada nesta ocasión polo noso Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno, D. Miguel Ángel Domínguez Losada.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c4164c36cbf84f8db9da0487a99f5b5f.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ef1b52ec15a84f3a988613cb437aa9ae.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ab7df4a7b41046fabd67df9553655e1c.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=17a294fe7c3d48a7a64013e3587d38da.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].