Categorías: Etiquetas:

    Na tarde do día 07 de xuño, tivo lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, o acto académico de despedida de:

    • IX Promoción de Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sendo o padriño da promoción D. Ricardo Ron Latexes.
    • X Promoción de Titulados do Máster en Xestión e Dirección Laboral, sendo o padriño da promoción D. José María  Rolón Varela.
    • VIII Promoción de Titulados do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, sendo a madriña da promoción Dª Sonia Zaragoza Fernández.

    Posteriormente, fíxose entrega da VI edición do premio “Cipriano Dobarro” a Dª Carla Gómez Castro, a Dª Lucía Dopico Díaz e a D. Juan José  Lada Vilariño, polos seus singulares méritos académicos e humanos; entregaron devanditos galardóns, D. Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, D. José Luis López Fernández, Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol e D.ª Susana Soneira Lema, Presidenta do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    Representando a esta Corporación, tamén acudiron ao acto, D. Roberto Barros López, Vogal Exercente e Delegado do Colexio para Ferrol e D. Manuel Vázquez Regueira, Vocal Exercente da Xunta de Goberno.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3256c886cbbe400caffe6ed2f6209014.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b6de814da7ce46c5bc05b731a00a6bf5.jpg[/slide]

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].