Categorías:
Etiquetas:
O día 7 de xuño tivo lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, o Acto Académico de despedida de:
- VIII Promoción de graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sendo o padriño da promoción D. Moisés Alberto García Núñez.
- IX Promoción de titulados do Máster en Xestión e Dirección Laboral, sendo o padriño da promoción D. Ricardo Pedro Ron Latexes.
- VII Promoción de titulados do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, sendo o padriño da promoción D. José María Rolón Varela.
Posteriormente, fixose entrega da V Edición do premio "Cipriano Dobarro” ao alumno D. Alexandre Campos Saavedra, polo expediente máis destacado. Entregaron dito galardón D. José Luis López Fernández, Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, e D. Roberto Barros López, Vogal Ejerciente da Xunta de Goberno e Delegado en Ferrol, en representación da nosa corporación.
Tras unha breve intervención do Concelleiro delegado da área Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas do Concello de Ferrol, D. Jesús Basterrechea López; a Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, Dª Araceli Torres Miño, da por clausurado o acto.
[slide]
[/slide]