Categorías:
Etiquetas:
Na tarde do día 09 de xuño tivo lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña, o Acto Académico de despedida da V Promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sendo os padriños desta promoción Dª Ana López-Cortón Facal e D. Demetrio Fernández lópez.
O acto, ao que acudiron máis dun centenar de asistentes entre personalidades, profesores, alumnos e acompañantes, foi presentado e dirixido por D. Jesús Vázquez Forno, Decano da Escola de Relacións Laborais da Coruña, onde tamén participaron con senllos discursos, o profesor D. Benito Couceiro Naveira, D.Alberto Lema Suárez, Concelleira de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, representantes dos alumnos, e os padriños da promoción.
Durante o acto, tamén se fixo entrega da IV Edición do Premio "José María Botana", polo expediente máis destacado, á alumna Dª Reyes Solleiro Fernández, e que foi entregado por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta corporación.
[slide]





[/slide]