Categorías:
Etiquetas:
O día 16 de xuño, tivo lugar no Salón de Actos da Vicerrectoría do Campus de Ferrol, os Actos Académicos de despedida de:
- VII Promoción de Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sendo o padriño da promoción D. Ricardo Pedro Ron Latexes.
- VIII Promoción de Titulados do Máster en Xestión e Dirección Laboral, sendo o padriño da promoción D. José Mª Rolón Varela.
- VI Promoción de Titulados do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, sendo a madriña da promoción Dª Mª Sonia Zaragoza Fernández
En total, máis dun centenar de alumnos, que puideron recoller os seus diplomas acreditativos, da man das autoridades alí presentes: D. Carlos Aymerich Cano, Secretario Xeral da Universidade da Coruña, D. Jesús Basterrechea López, Concelleiro de Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas do Concello de Ferrol, D. José Luis López Fernández, Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol , Dª Mª do Pilar Millor Arias, Presidenta da Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e D. Roberto Barros López, Vocal Exercente da Xunta de Goberno do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
Posteriormente, fíxose entrega da IV edición do premio "Cipriano Dobarro" á alumna Dª Andrea Vieites Estraviz, polo expediente máis destacado.
[slide]
[/slide]