Categorías:
Etiquetas:
O día 10 de xuño tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, o Acto Académico de despedida da IV Promoción de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sendo os padriños desta promoción Dª Lucía Varela e D. Demetrio Fernández lópez.
O acto, ao que acudiron máis dun centenar de asistentes entre personalidades, profesores, alumnos e acompañantes, foi presentado e dirixido por D. Jesús Vázquez Forno, Decano da Escola de Relacións Laborais da Coruña, onde tamén participaron con senllos discursos, o profesor D. Benito Couceiro Naveira, D.Alberto Lema Suárez, Concelleira de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña, D. Eduardo López Ameijeiras, Vicepresidente 2º do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, D. Christian Pumariño Sante e Dª Andrea Rodríguez Castro, representantes dos alumnos, e os padriños da promoción.
Durante o acto, tamén se fixo entrega da III Edición do Premio "José María Botana", polo expediente máis destacado, á alumna Dª Patricia María Ferreiro Novo, e que foi entregado por D. Eduardo López Ameijeiras, Vicepresidente 2º desta corporación.
[slide]

[/slide]