Acto de Graduación e entrega III Edición Premio Cipriano Dobarro (Ferrol)

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 27 de maio, celebrouse no Campus de Ferrol, o acto de gradación da VI Promoción de graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos que se imparten na Facultade de Ciencias do Traballo, así como a da VII Promoción do Mestrado en Xestión Laboral, especialidade en RRHH, da VII Promoción do Mestrado en Xestión e Dirección Laboral e da V Promoción de Mestrado en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

    En total, ao redor dun centenar de alumnos, que o venres, tiveron a oportunidade de recoller os seus diplomas nun acto no que tamén puideron tomar a palabra a través dos seus representantes.

    O reitor da Universidade da Coruña, D. Xullo E. Abalde Alonso; o Alcalde de Ferrol, D. Jorge Suárez Vázquez, o Decano da Facultade de Ciencias do Traballo, D. Moisés Alberto García Núñez, a Presidenta da Asociación de Graduados Sociais de Ferrol, Dª Pilar Millor Arias e, a Presidenta desta Corporación, Dª Susana Soneira Lema, participaron na cerimonia así como os padriños das tres promociones

    No transcurso da mesma procedeuse tamén á entrega da III Edición do premio "Cipriano Dobarro", dirixido a estudantes de terceiro e cuarto curso do grao, e que recaeu no alumno Pablo Díaz Castro, tal e como determinou o xurado e que foi entregado pola nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema.

    Tras unha breve intervención do alcalde desa cidade, o Sr. Reitor, D. Xullo E. Abalde Alonso dá por clausurado o acto.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c22ceb5c0fe64942b840fba4af6b0bff.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3555028680704329af2e0854f6cce02f.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e4f30e4c0f064ecf9ac57ad13efb4283.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].