Categorías:
Etiquetas:
O pasado venres 9 de xuño tivo lugar o acto de Gradación da XI Promoción de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da ERLAC (2019-2023), no Paraninfo da UDC.
Ao acto que tivo como padriños aos docentes Mercedes Cobián Casal e Benito Couceiro Naveira, asistiron profesores, persoal da ERLAC e familiares dos novos graduados.
Durante o acto, tamén se fixo entrega do Premio “José María Botana", polo expediente máis destacado, á alumna Rocío Pérez Pose, e que foi entregado por Cándido Sanisidro López, Tesoureiro do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
[slide]

[/slide]