Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 3 de xuño, celebrouse no Paraninfo da Universidade, o acto de Gradación e entrega do Premio José Mª Botana.
O acto, ao que acudiron máis dun centenar de asistentes entre personalidades, profesores, alumnos e acompañantes, foi presentado e dirixido por Alberto Valderruten Vidal, Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente da Universidade da Coruña, onde tamén participaron con senllos discursos, Jesús Vázquez Forno, Decano da Escola de Relacións Laborais da Coruña e José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
Despois da entrega de diplomas de promoción e bandas; fíxose entrega do premio “José María Botana" ao alumno David Pérez Torrecilla, o expediente máis destacado, que foi entregado por Cándido Sanisidro López, Tesoureiro deste Colexio Profesional.
[slide]



[/slide]