Acto de Gradación da FCCT de Ferrol

    Categorías: Etiquetas:

    O día 9 de xuño tivo lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol, o Acto Académico de despedida de:

    • XIII Promoción de graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, sendo o padriño da promoción, Javier García López.
    • XIV Promoción de titulados do Máster en Xestión e Dirección Laboral, sendo o padriño da promoción, Ricardo Ron Latexes.
    • XII Promoción de titulados do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, sendo o padriño da promoción José Mª Rolón Varela.

    O acto multitudinario, no que se graduaron alumnos das distintas especialidades da FCCT, estivo presidido pola Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Mª Jesús Movilla Fernández. Formaron parte tamén da mesa presidencial: o Decano da Facultade de Ciencias do Traballo, José Luis López Fernández; a Presidenta da Asociación de Graduados Sociais de Ferrol, Mª do Pilar Millor Arias; e o Responsable da comarca de Ferrol do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Roberto Barros López.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=421e2611a6b04acca034a52024cb9eba.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=047aa98782d341ea861736f1f6eff7e1.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].