Categorías:
Etiquetas:
O pasado domingo 24 de Julio, o noso colexio formou parte da representación de 50 persoas dos diferentes Colexios Profesionais galegos, que acudimos convidadas o edificio Gaiás Ciudad da Cultura, que acolleu o emotivo acto de entrega das MEDALLAS DE OURO DE GALICIA 2022.
Acudiron personalidades civís e militares e de todo o ámbito social e cultural da nosa comunidade autónoma. O presidente da Xunta de Galicia, fixo entrega das MEDALLAS DE OURO DE GALICIA aos seguintes galardoados:
- Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela, pola súa contribución e promoción do Camiño e tamén á fronte da restauración da Catedral.
- Paolo Caucci von Saucken, estudoso do Camiño, polos seus recoñecidos estudos a nivel internacional sobre o camiño.
- Begoña Valdomar Insua, hospitaleira en #Finisterre, en representación dos miles de homes e mulleres que desinteresadamente atenden a diario os albergues da comunidade, aos que chegan centos de peregrinos.
- Asociación Discamino, que leva máis de trece anos loitando para que as persoas con diversidade funcional poidan realizar o Camiño a Santiago e cumprir así o seu soño de peregrinar cara a Compostela.
- José Carro Otero, a título póstumo, primeiro comisario do Xacobeo 1993, en recoñecemento ao labor realizado como primeiro comisario do Xacobeo, no ano 1993.
Finalizou o acto tras, os discursos de todos os recoñecidos coa medalla, unhas interpretacións musicais e a interpretación do himno galego.
[slide]


[/slide]