Acto de Apertura do Ano Xudicial en Galicia 2018

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 05 de outubro, a sede do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG), acolleu a cerimonia de "Apertura do ano xudicial 2018". 

    Durante o acto, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, destacou que o exercicio estará marcado pola renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que no mes de decembro finalizará o seu mandato, e pola repercusión nos órganos xudiciais galegos da folga convocada polos funcionarios a principios deste ano. 

    O Presidente incidiu tamén, na importancia da independencia dos membros da carreira xudicial como alicerce básico da democracia. “Nun país democrático e nun Estado de dereito como o noso, os membros da carreira xudicial, no exercicio da súa función propia, han de atopar as imprescindibles garantías de indemnidad, a necesaria  salvaguardia fronte a calquera inxerencias ou ataques, bastos ou sutís, á súa independencia”, sinalou, á vez que aseverou: “O certo é que sen esta independencia non pode haber unha xustiza democrática; en realidade, sen ela non pode haber democracia e, se seica, haberá moi pouca Xustiza”.

    Ao acto e en representación do noso Colexio Profesional, acudiron Dª Susana Soneira Lema e D. José Ramón Lage Cerviño, Presidenta e Coordinador da Comisión de Relacións Públicas da Xunta de Goberno, respectivamente. Tamén acudiron numerosas autoridades como: o Delegado do Goberno, D. Javier Losada; a Subdelegada, Dª Pilar López- Riobóo; o Reitor da Universidade, D. Julio Abalde; o Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda e o Alcalde da Coruña, D.  Xulio Ferreiro, entre outros moitos. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=052291a4fa9c401b9f72a491f0e8d686.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=be47f2b8c0a142a1adf22423b0697fed.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=35bbc76a3f964d39a4211d2a9860573e.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].