Categorías:
Etiquetas:
O pasado venres, día 12 de setembro, o presidente do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, D. José Lage, asistiu á solemne cerimonia de apertura do curso xudicial, que tivo lugar na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na Coruña. O acto estivo marcado pola estrea do novo presidente do tribunal, Ignacio Picatoste, e a despedida do fiscal superior, Fernando Suanzes.
A cerimonia serviu de plataforma para que ambos, Picatoste e Suanzes, nos seus respectivos discursos, destacasen a necesidade dunha xustiza independente como piar fundamental do Estado de Dereito. O presidente do TSXG, no seu primeiro acto deste tipo, lembrou o labor do seu predecesor e apelou á independencia xudicial como unha garantía para a cidadanía, non como un privilexio.
Entre as autoridades que tamén acudiron ao Palacio de Xustiza para o evento atopábanse o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
[slide]

[/slide]