Categorías:
Etiquetas:
O luns 24 de outubro de 2022 celebrouse o acto conmemorativo do 40º aniversario da aprobación do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal, organizado pola Fiscalía Superior de Galicia.
O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, coa presenza do anfitrión do acto, o fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes.
O Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, destacou o labor da institución, a súa modernidade e a súa adaptación a moitos dos cambios da historia de España.
O acto contou coa asistencia de diversos representantes institucionais do mundo da xustiza e do Ministerio Fiscal, todos os Fiscais Superiores das Comunidades Autónomas, a Xunta, o Estado e as administracións locais, ademais dos reitores das Universidades de Santiago e da Coruña e as entidades colexiais.
Durante a celebración proxectouse un vídeo conmemorativo, elaborado pola Fiscalía Xeral do Estado, que fai un repaso polos corenta anos do Ministerio Fiscal, cuxo contido pode visionarse a través desta ligazón: 40 Anos do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal - Youtube
A nosa organización colexial estivo representada neste acto por: José Lage Cerviño e Noelia Tomé Martínez, Vicepresidente segundo e Interventora-Contadora, respectivamente.
[slide]
[/slide]