8M - Día Internacional da Muller

    Categorías:

    Día Internacional da Muller

    Cada, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, unha data de profundo significado social que nos convida a recoñecer a loita histórica de millóns de mulleres pola igualdade de dereitos en todos os ámbitos, especialmente no laboral.

    Esta xornada non só é un día de recoñecemento, senón tamén de reflexión. A pesar dos avances logrados, aínda persisten desigualdades estruturais que fan necesario seguir traballando pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a equidade salarial, a conciliación da vida persoal, familiar e profesional, e a erradicación de calquera forma de discriminación na contorna laboral.

    Desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense reafirmamos o noso compromiso firme coa defensa dos dereitos laborais das mulleres e coa construción dun mercado de traballo máis xusto, máis equitativo e máis humano.

    Como profesionais do ámbito social e laboral, continuamos impulsando accións e promovendo valores que contribúan a unha sociedade máis igualitaria, onde o talento, a capacidade e o esforzo sexan os únicos criterios que marquen as oportunidades.

    Porque a igualdade non é só un obxectivo, senón unha responsabilidade compartida.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2e3633856e09420b9e81de380062ff9e.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].