Categorías:
O mércores 12 de novembro tivo lugar a inauguración da 39.ª Asemblea Xeral da Asociación Xudicial Francisco de Vitoria (AJFV) no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). Os membros da asociación reuniranse na cidade ata o 14 de novembro para renovar o seu comité de coordinación nacional, modificar os seus estatutos e abordar temas de interese profesional para a xudicatura.
Ao acto asistiron o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Ignacio Picatoste Sueiras; o director de Xustiza da Xunta de Galicia, José Tronchoni Albert; e o presidente nacional da AJFV, Sergio Oliva Grella, quen tras o seu discurso de despedida recibiu unha ovación unánime dos asistentes, postos en pé en recoñecemento ao seu labor.
Atendendo á invitación cursada pola AJFV, asistiu en representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense o noso presidente, José Lage Cerviño.
[slide]


[/slide]