Etiquetas:
Cada persiana que se levanta, cada taller que abre, cada pequena empresa que contrata, move o país.
Sabedes de que empresas falamos?
Deses negocios que nacen do esforzo de miles de persoas. Son empresas, si, pero tamén son familias, proxectos, oportunidades e relacións laborais que se constrúen cada día.
Hoxe é o Día Mundial das Microempresas e as Pequenas e Medianas Empresas, un tecido empresarial cun peso incuestionable no noso país. As pemes representan o 99,8% das empresas, xeran o 66% do emprego empresarial e achegan algo máis do 62% do Valor Engadido Bruto.
Detrás de cada pequeno comercio, despacho, explotación, oficina, restaurante, taller ou empresa familiar, hai decisións laborais que requiren de profesionais que acheguen criterio e seguridade.
E aí, o labor dos Graduados e Graduadas Sociais resulta clave.
Acompañan a microempresas, pemes, autónomos e persoas traballadoras no seu día a día, achegando asesoramento, seguridade xurídica e equilibrio nunha contorna laboral cada vez máis complexo.
Porque coidar das pemes tamén é coidar do emprego, das persoas traballadoras e do futuro do noso tecido produtivo.
Feliz Día Mundial das Microempresas e as Pequenas e Medianas Empresas.
