Desde o 6 de agosto, xa pode adquirirse en calquera punto de venda da ONCE o cupón conmemorativo do "Centenario da Profesión de Graduado Social", que será sorteado o vindeiro domingo 17 de agosto.

Este cupón conmemorativo enmárcase dentro dos actos organizados con motivo do centenario da profesión de Graduado Social, cuxo orixe se remonta ao Real Decreto do 17 de agosto de 1925, que deu lugar ás Escolas Sociais e sentou as bases desta figura crave no ámbito laboral e xurídico. Baixo o lema “Construíndo o futuro das relacións laborais”, emitíronse 5,5 millóns de cupóns, que axudarán a difundir por todo o país este suceso de especial relevancia para a profesión e a sociedade.
Desde o Colexio convidamos a colexiados, precolegiados e persoas vinculadas á profesión que adquiran o cupón para enviarnos un Selfie co mesmo. Con todas as imaxes recibidas, elaboraremos unha reportaxe gráfica conmemorativa que sirva como recordo colectivo deste centenario.
As fotografías poden enviarse ao correo electrónico do Colexio: colegio@graduadossociales.org
