1 de maio - Día Internacional das Persoas Traballadoras

    Categorías:

    Con motivo do Día Internacional da Persoas Traballadoras que se celebra este mércores 1 de maio, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense reafirma o seu compromiso coa defensa dos traballadores e a promoción da xustiza social.

    O Colexio quere render homenaxe a todos os traballadores e traballadoras que, co seu esforzo e dedicación, fan posible o progreso da nosa sociedade. Nun día tan significativo como o Día Internacional das Persoas Traballadoras, os graduados sociais consolidamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos laborais e a xustiza social. Tamén seguiremos defendendo o dereito á desconexión dixital e conciliación da vida laboral e familiar para os graduados e graduadas en días como este. 

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=79c00951b07d4fcfba6d3d8347ecd4fa.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.