17 maio -Día das Letras Galegas 2025. Homenaxe ás cantareiras

    Categorías:

    O 17 de maio, Galicia celebra o Día das Letras Galegas, que neste 2025 estará dedicado a recoñecer o legado de varias mulleres fundamentais na preservación da música tradicional galega.

    Serán homenaxeadas Adolfina (1912-2009) e Rosa Casás (1913-2005), de Cerceda, recoñecidas cantareiras que, tras anos separadas pola emigración, recuperaron xuntas a súa música nos anos 80.

    Tamén se destaca a figura de Eva Castiñeira (1926-2010), de Muxía, pioneira en levar a pandeireta aos escenarios xunto a grupos de folk, como Milladoiro no ano 1980.

    Finalmente, homenaxéanse as Pandereteiras de Mens, entre elas Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido, de Malpica, que levaron a tradición galega por Europa e América da man da Agrupación Folclórica Aturuxo.

    Desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, sumámonos con orgullo a esta celebración, que pon en valor o papel destas mulleres como gardiás da identidade cultural e lingüística de Galicia.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=81ba2467442a47fca0fb1c4ce3537d3b.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].