Próxima Xornada Formativa (23/setembro/2021)

    Categorías:

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=526f93d290cb41729a3aa468a4dfd359.jpg

    A era dixital na que estamos inmersos, conleva moitos beneficios para as empresas e as organizacións, pero tamén moitos riscos que debemos coñecer para saber como mitigalos ou como actuar ante eles.

    Estamos cada vez máis conectados nun mundo global, móbil e dixital, no que estes perigos multiplicáronse  exponencialmente, dando pé a un novo auxe desta disciplina que traballa en evitar todos os riscos e consecuencias que isto pode carrexar ás empresas.

    Con este fin, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense organizou a seguinte:

    Xornada de formación sobre: Ciberseguridade

    Día: 23 de setembro de 2021.

    Horario: a partir das 17:30 horas.

    Programa:

    • Introdución.

    • Protección Básica do Equipo.

    o O equipo.

    o Código malicioso (virus, malware, etc).

    o Wifis.

    o Dispositivos móbiles.

    o Correo-e (suplantación de identidade, roubo de identidades, etc).

    o Redes Sociais.

    Relator: José Luis Rivas López, Experto Profesional en Dereito Tecnolóxico e Informática forense. Consultor e auditor xefe en ISO 27001 e ISO 22301.

    Dirixido a: Colexiados, precolexiados, empleados de despachos e estudantes de RRLL e RRHH.

    Importante: O relatorio desenvolverase a distancia con soporte na plataforma de Google (Meet). Remitirase a cada rexistrado, unha ligazón persoal para o acceso ao mesmo, sendo requisito indispensable que o alumno dispoña dun dispositivo con cámara e micrófono.

    Máis información e inscrición

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].