Reunión da Xunta Xeral Ordinaria 2020

    Categorías:

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0e758a5566aa472ab604d6b294c1ce6e.jpg

    Por orde da Presidenta e en virtude do preceptuado nos artigos núm. 45 e 54 dos Estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, teño o pracer de convocar a Ud., á reunión da Xunta Xeral Ordinaria que se celebrará no salón do Hotel Plaza, rúa Santiago Rey Fernández Latorre, nº 45 desta cidade, o próximo día 8 de xullo de 2020, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda, para tratar e resolver sobre o seguinte:

    ORDE DO DÍA

    1.- Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da Xunta Xeral Ordinaria do 27 de marzo de 2019.

    2.- Exame e aprobación, se é o caso, da Memoria anual.

    3.- Exame e votación do balance e contas anuais de ingresos e gastos, e do presuposto para o exercicio 2020.

    4.- Exposición pola Presidenta da actuación e desenvolvemento do colexio durante o ano 2019, e do estado en que se achan as xestións realizadas en defensa dos intereses dos colexiados.

    5.- Proposicións da Xunta de Goberno á Asemblea Xeral:

    • Modificación do art. 36 da Orde do 2 de abril de 2013 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    6.- Proposicións, rogos e preguntas dos colexiados.

    7.- Eleccións para a renovación parcial da Xunta de Goberno.

     

    A Coruña, 19 de xuño de 2020.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7d2857addafd477b8a4a17cfe1b60c1c.jpg

    Nota1: As proposicións dos colexiados axustaranse ao establecido no art.55 da Orde do 2 de abril de 2013 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. (Dog núm. 79 de 24 de abril de 2013).
    Nota 2: A Memoria e as contas, así como as proposicións da Xunta de Goberno á Asemblea Xeral, estarán dispoñibles na nosa páxina web e nas oficinas do Colexio. A documentación xustificativa das contas anuais, están dispoñibles no Colexio en horario de oficina, logo de cita co Tesoureiro.

    máis información

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].