25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

    Categorías:

    O 25 de novembro foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

    Transcorreron xa dezasete anos desde aquela declaración, pero desde entón os e as Graduados Sociais, cada 25 de novembro, seguimos mostrando un compromiso firme coa erradicación de calquera tipo de discriminación que permita que esta violencia persista na nosa sociedade.

    O respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos piares básicos nos que centrar os nosos esforzos.

    Resulta imprescindible que a mocidade de hoxe, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero, recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos e, a continuación, convértase en protagonista do logro dunha sociedade libre de violencia contra as mulleres. Desde o convencemento de que a igualdade entre mulleres e homes e o respecto pola dignidade do outro son imprescindibles e útiles para a súa convivencia pacífica na sociedade.

    É necesario seguir traballando na prevención, na detección e na sensibilización, e visibilizar un problema de profundo calado social.

    Traballemos todos e todas xuntos e avancemos unidos para conseguir unha sociedade igualitaria.

    Un ano máis,

    ¡Tod@s contra a violencia de xénero!

    ¡@s Graduados Sociais contra a violencia de xénero!

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].